INFORMACIÓN · PREMIOS TERRA ATLÁNTICA

Bases do certame

A marca territorial «Costa da Morte Terra Atlántica», impulsada polo GDR Costa da Morte, e co obxectivo de dar valor e recoñecemento aos proxectos empresariais da Costa da Morte máis innovadores, orixinais e comprometidos co territorio, convoca os «I Premios Costa da Morte Terra Atlántica».

A organización dos premios corresponde ao Grupo de Desenvolvemento Rural Costa da Morte (GDR Costa da Morte), entidade impulsora da marca territorial «Costa da Morte Terra Atlántica».

1. Participantes

Poderán participar exclusivamente nos «I Premios Costa da Morte Terra Atlántica» aquelas empresas adheridas á marca Costa da Morte Terra Atlántica no momento da publicación destas bases.

2. Obxectivo e criterios de valoración

Os premios teñen como finalidade recoñecer iniciativas empresariais destacadas polo seu compromiso coa identidade territorial da Costa da Morte, valorando especialmente:

3. Autoría e responsabilidade

Toda empresa participante confirma que o proxecto presentado é propio e non infrinxe dereitos de terceiros, eximindo á organización de calquera responsabilidade legal derivada do contido achegado.

4. Categorías

As iniciativas empresariais dividiranse nas seguintes categorías:

  1. Turismo
  2. Agroalimentación
  3. Cultura e Artesanía
  4. Industria e Servizos

5. Limitación de candidaturas

Só se poderá presentar unha candidatura por empresa e categoría.

6. Prazo de inscrición

A inscrición online das candidaturas estará aberta dende o 12 de xuño de 2026 ás 12:00 ata o 14 de xullo de 2026 ás 23:59 horas.

7. Presentación de candidaturas

Para participar na convocatoria, a empresa interesada deberá inscribirse a través do formulario online habilitado na páxina web oficial de Costa da Morte Terra Atlántica: terratlantica.gal.

No formulario será necesario indicar:

De forma opcional, poderase achegar material gráfico complementario (fotografías ou vídeos) para facilitar unha valoración máis completa da candidatura.

8. Fases da campaña e cronograma

Convocatoria – Xuño 2026

Publicación das bases, apertura das inscricións e lanzamento da campaña de comunicación a través da web, redes sociais e medios locais.

Presentación de candidaturas – Ata o 14 de xullo de 2026

As empresas participantes deberán completar o formulario online e achegar a documentación correspondente.

Selección de finalistas – Terceira semana de xullo de 2026

Unha comisión interna formada por representantes do GDR Costa da Morte e da Xunta Directiva seleccionará entre 3 e 5 finalistas por categoría, en base aos criterios establecidos nestas bases. Os finalistas anunciaranse publicamente e realizaráselles unha sesión fotográfica para accións de comunicación e difusión.

Votación pública online – Do 11 ao 27 de novembro de 2026

A votación pública abrirase o mércores 11 de novembro de 2026 e permanecerá aberta ata o venres 27 de novembro de 2026 ás 23:59 horas (hora oficial de Galicia).

A cidadanía poderá votar polos proxectos finalistas a través dun formulario dixital habilitado na páxina web oficial.

Cada usuario poderá emitir un único voto por categoría mediante un correo electrónico válido. A organización poderá establecer mecanismos de verificación para garantir a autenticidade das votacións. A organización resérvase o dereito de invalidar votos fraudulentos, duplicados ou realizados mediante sistemas automatizados.

Avaliación do xurado – Novembro 2026

O xurado profesional avaliará as candidaturas finalistas conforme aos criterios definidos nestas bases. A puntuación final calcularase mediante a seguinte ponderación:

Gala de entrega de premios

A gala de entrega dos «I Premios Costa da Morte Terra Atlántica» celebrarase durante o último semestre de 2026. A data e o lugar definitivo serán comunicados pola organización con suficiente antelación ás empresas finalistas e ao público participante. Durante o acto anunciaranse os proxectos gañadores e proxectaranse os materiais gráficos das empresas finalistas.

9. Xurado

O xurado estará formado por unha selección de profesionais e persoas vinculadas ao territorio e aos sectores representados nas distintas categorías. A súa decisión será firme e inapelable. O xurado poderá declarar deserta calquera categoría se considera que as candidaturas non reúnen a calidade mínima requirida.

10. Premios

Cada empresa gañadora recibirá:

Os premios non contarán con dotación económica.

11. Comunicación e dereitos de imaxe

As empresas participantes aceptan a difusión pública das candidaturas presentadas nas redes sociais, páxina web e accións de comunicación vinculadas aos premios. Así mesmo, autorizan á organización ao uso de fotografías, vídeos, logotipos e materiais gráficos achegados unicamente con fins promocionais e divulgativos relacionados coa marca «Costa da Morte Terra Atlántica» e os premios.

12. Protección de datos

En cumprimento do Regulamento Xeral de Protección de Datos (RGPD) e da Lei Orgánica 3/2018 de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais, infórmase de que os datos persoais facilitados serán tratados polo GDR Costa da Morte coa finalidade de xestionar a participación no certame, comunicacións relacionadas co mesmo e difusión pública dos resultados.

As persoas participantes poderán exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante comunicación á entidade organizadora.

13. Facultades da organización

A organización resérvase o dereito de:

14. Aceptación das bases

A participación nesta convocatoria implica a aceptación íntegra das presentes bases por parte das empresas participantes.

Contacto da organización

Asociación Costa da Morte-GDR · CIF G70180583. Edificio Servicios Múltiples, Rúa A Torre s/n, 15129 Vimianzo. C.A.T.: Lugar A Camposa s/n, 15111 Buño (Malpica de Bergantiños). Teléfonos: 981717358 / 678648065; C.A.T. 608633222. Correo: gdrcostadamorte@gdrcostadamorte.com.